table of contents
- bookworm 1:1.16.9-1
- bookworm-backports 1:1.16.11-1~bpo12+1
- testing 1:1.16.11-1
- unstable 1:1.16.11-1+b3
WESNOTHD(6) | Servizo de rede para partidas con varios xogadores de A batalla polo Noroeste | WESNOTHD(6) |
NOME¶
wesnothd — Servizo de rede para partidas con varios xogadores de A batalla polo Noroeste.
SINOPSE¶
wesnothd [-dv] [-c ruta] [-p
porto] [-t número] [-T
número]
wesnothd -V
DESCRICIÓN¶
Xestiona partidas de A batalla polo Noroeste con varios xogadores. Véxanse en «https://www.wesnoth.org/wiki/ServerAdministration» (en inglés) as ordes que acepta o servidor a través do cliente wesnoth (/query […]) ou do fifo.
OPCIÓNS¶
- -c ruta, --config ruta
- Indícalle a wesnothd onde atopar o ficheiro de configuración a usar. Véxase a sintaxe máis adiante na sección de CONFIGURACIÓN DO SERVIDOR. Pódese recargar a configuración enviando SIGHUP ao proceso do servidor.
- -d, --daemon
- Executa wesnothd coma un servizo.
- -h, --help
- Indica as funcións das opcións de liña de ordes.
- --log-nivel=dominio_1,dominio_2,…
- Establece o nivel de severidade dos dominios do rexistro. Pódese usar all para referirse a calquera dominio do rexistro. Os niveis dispoñíbeis son os seguintes: error (erro), warning (aviso), info (información) e debug (depuración). error é o nivel predeterminado, info para o dominio do servidor.
- -p porto, --port porto
- Asocia o servidor ao porto especificado. O porto predeterminado é o 15000.
- -t número, --threads número
- Define o número máximo de fíos efectivos en espera para a entrada e saída de rede a n (5 de maneira predeterminada, máximo 30).
- -T número, --max-threads número
- Define o número máximo de fíos efectivos que se van crear. Se se define a 0 non terá límite (0 é o valor predeterminado).
- -V, --version
- Devolve o número da versión.
- -v, --verbose
- Activa o rexistro da depuración.
CONFIGURACIÓN DO SERVIDOR¶
A sintaxe xeral é a seguinte:¶
[etiqueta]
- clave="valor"
- clave="valor,valor,…"
[/etiqueta]
Claves globais:¶
- allow_remote_shutdown
- Se se lle dá o valor no («non», valor predeterminado), as solicitudes de apagado e reinicio ignoraranse salvo que procedan do fifo. Co valor yes («si») permitirase o apagado remoto por medio dunha «/query» realizada por un administrador.
- ban_save_file
- Ruta completa ou relativa a un ficheiro —comprimido con gzip— que o servidor poida ler e escribir. As vedas hanse gardar neste ficheiro e leranse de novo cando se inicie o servidor.
- compress_stored_rooms
- Determina se se debe ler e escribir o ficheiro de salas de forma comprimida. O valor predeterminado é yes («si»).
- connections_allowed
- O número de conexións permitidas desde un mesmo enderezo IP. 0 equivale a infinitas. O valor predeterminado é 5.
- disallow_names
- Os nomes e alcumes que o servidor non acepta. Pódense empregar * e ? como comodíns para patróns. Véxase glob(7) para máis información. Os valores predeterminados son: *admin*,*admln*,*server*,ai,ai?,computer,human,network,player.
- fifo_path
- A ruta ao fifo polo que se poden enviar ordes ao servidor —equivalente ao «/query …» desde o xogo—. Se non se especifica outra cousa, toma a ruta indicada como valor predeterminado durante a compilación (en principio /var/run/socket/wesnothd).
- max_messages
- O número máximo de mensaxes permitidas en messages_time_period (4 de maneira predeterminada).
- messages_time_period
- O período de tempo (en segundos) que se usa para detectar os envíos masivos de mensaxes (10 segundos de maneira predeterminada).
- motd
- A mensaxe do día.
- new_room_policy
- Determina quen pode crear novas salas no servidor. Os valores dispoñíbeis son everyone («todos»), registered (só os usuarios «rexistrados»), admin (só os «administradores») e nobody («ninguén»). Salvo que se indique o contrario, poden todos.
- passwd
- O contrasinal que se utiliza para obter privilexios de administrador —por medio de /query admin contrasinal—.
- replay_save_path
- O directorio no que o servidor garda as repeticións das partidas (non esquezas a barra inclinada ao final, «/»). O seu valor predeterminado é «`'», o directorio no que se iniciou o wesnothd.
- restart_command
- A orde que utiliza o servidor para iniciar outro proceso de servidor por medio da orde restart («reiniciar»). Só se pode establecer mediante o fifo. Véxase a opción allow_remote_shutdown.
- room_save_file
- Ruta a un ficheiro onde gardar a información das salas. Lerase durante a inicialización do servidor e escribirase nel máis tarde. Se o ficheiro está baleiro ou non se forneceu unha ruta ao mesmo, nin se cargará nin se gardará ningunha sala.
- save_replays
- Determina se o servidor gardará as repeticións das partidas automaticamente. O seu valor predeterminado é false («non»).
- versions_accepted
- Unha lista separada por comas de cadeas de versión que o servidor
aceptará. Pódense empregar os comodíns de
patróns * e ?. O seu valor predeterminado será
a versión do xogo correspondente.
Por exemplo: versions_accepted="*" aceptará calquera versión. - deny_unregistered_login
- Whether to prevent users who are not registered with the user_handler being used from logging in. (default: false)
Etiquetas globais:¶
[redirect] A tag to specify a server to redirect certain client versions to. Is not used if versions_accepted is not set.
[ban_time] é unha etiqueta para definir palabras clave axeitadas para duracións de vedas temporais.
- name
- O nome a usar para referirse á veda.
- time
- A duración. O formato é «%d[%s[%d%s[…]]]», onde %s será «s» (segundos), «m» (minutos), «h» (horas), «D» (días), «M» (meses) ou «Y» (anos), e %d será un número. Se non se fornece un modificador de tempo, interpretarase a cantidade indicada como minutos. Por exemplo: time="1D12h30m" é unha veda de 1 día, 12 horas e 30 minutos.
[proxy] é unha etiqueta para que o servidor
actúe coma proxy e dirixa as solicitudes dos clientes conectados ao
servidor indicado. Acepta as mesmas claves que [redirect].
[user_handler] Configures the user handler. If no [user_handler] section is present in the configuration the server will run without any nick registration service. All additional tables that are needed for the forum_user_handler to function can be found in table_definitions.sql in the Wesnoth source repository. Requires mysql support enabled. For cmake this is ENABLE_MYSQL and for scons this is forum_user_handler.
- db_host
- The hostname of the database server
- db_name
- The name of the database
- db_user
- The name of the user under which to log into the database
- db_password
- This user's password
- db_users_table
- The name of the table in which your phpbb forums saves its user data. Most likely this will be <table-prefix>_users (e.g. phpbb3_users).
- db_extra_table
- The name of the table in which wesnothd will save its own data about users.
- db_game_info_table
- The name of the table in which wesnothd will save its own data about games.
- db_game_player_info_table
- The name of the table in which wesnothd will save its own data about the players in a game.
- db_game_modification_info_table
- The name of the table in which wesnothd will save its own data about the modifications used in a game.
- db_user_group_table
- The name of the table in which your phpbb forums saves its user group data. Most likely this will be <table-prefix>_user_group (e.g. phpbb3_user_group).
- mp_mod_group
- The ID of the forum group to be considered as having moderation authority.
ESTADO AO SAÍR¶
Cando o servidor se apague correctamente o estado ao saír será «0». Será «2» de houber un erro coa liña de ordes.
AUTORES¶
Autor orixinal: David White <davidnwhite@verizon.net>.
Modificacións posteriores: Nils Kneuper
<crazy-ivanovic@gmx.net>, ott <ott@gaon.net>, Soliton
<soliton.de@gmail.com> e Thomas Baumhauer
<thomas.baumhauer@gmail.com>. Autor orixinal desta axuda: Cyril
Bouthors <cyril@bouthors.org>.
Visite o sitio web oficial: https://www.wesnoth.org/
DEREITOS DE AUTOR¶
Copyright © 2003-2021 David White
<davidnwhite@verizon.net>
Isto é software libre. Este software está protexido polos termos
da versión 2 da licenza GNU GPL, tal e como foi publicada pola Free
Software Foundation. Non existe NINGUNHA garantía. Nin sequera para o
seu USO COMERCIAL ou ADECUACIÓN PARA UN PROPÓSITO
PARTICULAR.
VÉXASE TAMÉN¶
wesnoth(6)
2021 | wesnothd |