Scroll to navigation

KHANGMAN(6) Manual do usuario do KDE KHANGMAN(6)

NOME

khangman - O clásico programa do enforcado para o KDE

SINOPSE

khangman [Opcións xenéricas do KDE] [Opcións xenéricas do Qt]

DESCRICIÓN

O KHangMan é un xogo baseado no coñecido xogo do enforcado. Está dirixido a rapaces de seis e máis anos. Ten catro niveis de dificultade: Animais (palabras sobre animais), Doado, Medio e Difícil.
Cóllese unha palabra ao chou e acóchanse as letras. Hai que adiviñar a palabra tentando cunha letra despois doutra. Cada vez que se escribe unha letra errada debúxase parte dunha imaxe dun enforcado. Hai que adiviñar a palabra antes de que che colguen! Tes dez intentos.
Esta aplicación fai parte do módulo de Edutainment do KDE.

VEXA TAMÉN

Disponse de documentación para o usuario máis detallada en help:/khangman (escriba este URL no Konqueror ou execute khelpcenter help:/khangman).
Tamén se dispón de máis información no sitio web de Edutainment do KDE[1].

AUTORES

O KHangMan foi escrito por Primoz Anzur e Anne-Marie Mahfouf annma@kde.org
Esta páxina de manual está baseada na preparada por Ben Burton para o proxecto Debian.

AUTOR

Ben Burton <bab@debian.org>
Autor.

NOTAS

1.
sitio web de Edutainment do KDE
http://edu.kde.org/khangman/
2010-10-06 Ambiente de Escritorio K