table of contents
other languages
TERMINAL(1) | Xfce | TERMINAL(1) |
NAME¶
Terminal - Un emulador de terminal para as XSINOPSE¶
Terminal
[OPCIÓN...]
DESCRICIóN¶
Terminal é o que se coñece como emulador de terminal X, a miúdo chamada terminal ou shell. Proporciona un equivalente a desfasada pantalla de texto no seu escritorio, pero que pode compartir a pantalla facilmente con outros aplicativos gráficos. Os usuarios de Windows pode que estean familiarizados ca utilidade MS-DOS, que ten a función análoga de ofrecer unha liña de ordes DOS en Windows, aínda que debe ter en conta que a CLI de UNIX é moito máis potente e fácil de usar que a de DOS. Terminal emula ao aplicativo xterm desenvolvido polo X Consortium. En cambio, o aplicativo xterm emula á terminal do DEC VT102 e tamén soporta as secuencias de escape do DEC VT220. Unha secuencia de escape é unha serie de caracteres que comezan co carácter Esc. Terminal acepta todas as secuencias de escape que usan as terminais do VT102 e do VT220 usan para funcións como situar o cursor e limpar a pantalla.OPCIóNS¶
Resumo de opcións¶
Aquí ten un resumo de todas as opcións, agrupadas por tipo. As explicacións están nas seguintes seccións. Opcións xerais-h, --help; -V,
--version; --disable-server;
--default-display=pantalla;
--default-working-directory= directorio
Separadores de xanelas ou lapelas
--tab; --window
Opcións de lapelas
-x, --execute; -e,
--command= orde;
--working-directory=directorio; -T,
--title= título; -H, --hold
Opcións de xanela
--display=pantalla;
--geometry= xeometría;
--role=rol; --startup-id=cadea;
-I, --icon= icona; --fullscreen;
--maximize; --show-menubar, --hide-menubar;
--show-borders, --hide-borders; --show-toolbars,
--hide-toolbars
Opcións xerais¶
-h, --helpLista as diferentes opcións de liña
de ordes que admite Terminal e sae
-V, --version
Mostrar a información da versión e
saír
--disable-server
Non rexistrarse co bus de mensaxes de
sesión D-BUS
--default-display=pantalla
A pantalla das X predeterminada que se vai
usar.
--default-working-directory=directorio
Define directorio como directorio de
traballo predeterminado para a terminal
Separadores de xanelas ou lapelas¶
--tabAbrir unha nova lapela na última xanela
especificada; pódese proporcionar máis dunha destas
opcións.
--window
Abrir unha nova xanela cunha soa lapela;
pódese proporcionar máis dunha destas opcións.
Opcións de lapelas¶
-x, --executeExecuta o resto da liña de ordes na
terminal
-e, --command=orde
Executar orde na terminal
--working-directory=directorio
Define directorio como directorio de
traballo para a terminal
-T, --title=título
Define título como título da
xanela inicial de terminal
-H, --hold
Fai que se manteña a terminal despois de
que termine a orde filla
Opcións de xanela¶
--display=pantallaPantalla X a usar para a última xanela
especificada.
--geometry=xeometría
Define a xeometría da última xanela
especificada a geometry. Consulte X(7) para obter máis
información sobre como especificar as xeometrías das xanelas.
--role=rol
Define a rol o rol de xanela da
última xanela especificada. Só se aplica a unha xanela e pode
especificarse unha vez por cada xanela que cree dende a liña de ordes.
Úsase sobre todo para a xestión de sesións dentro de
Terminal
--startup-id=cadea
Especifica a notificación de inicio da
última xanela especificada. Úsase internamente para reenviar o id de
notificación de inicio usando o servizo D-BUS.
-I, --icon=icona
Define a icona da terminal como un nome de
icona ou un nome de ficheiro.
--fullscreen
Poñer a última xanela especificada
en modo pantalla completa; só se aplica a unha xanela; pode especificarse
unha vez por cada xanela que se crea dende a liña de ordes.
--maximize
Poñer a última xanela especificada
en modo maximizado; só se aplica a unha xanela; pode especificarse unha
vez por cada xanela que se crea dende a liña de ordes.
--show-menubar
Activa a barra de menú para a última
xanela especificada. Pode especificarse unha vez por cada xanela que se crea
dende a liña de ordes.
--hide-menubar
Desactiva a barra de menú para a
última xanela especificada. Pode especificarse unha vez por cada xanela
que se crea dende a liña de ordes.
--show-borders
Activar as decoracións de xanela para a
última xanela especificada. Só se aplica a unha xanela. Pode
especificarse unha vez por cada xanela que se crea dende a liña de
ordes.
--hide-borders
Desactivar as decoracións de xanela para
a última xanela especificada. Só se aplica a unha xanela. Pode
especificarse unha vez por cada xanela que se crea dende a liña de
ordes.
--show-toolbars
Activar as barras de ferramentas para a
última xanela especificada. Só se aplica a unha xanela. Pode
especificarse unha vez por cada xanela que se crea dende a liña de
ordes.
--hide-toolbars
Desactivar as barras de ferramentas para a
última xanela especificada. Só se aplica a unha xanela. Pode
especificarse unha vez por cada xanela que se crea dende a liña de
ordes.
EXEMPLOS¶
Terminal --geometry 80x40 --command mutt --tab --command mcAbre unha nova xanela de terminal cunha
xeometría de 80 columnas e 40 filas e dúas lapelas, na que na
primeira lapela se executa mutt e na segunda lapela se executa
mc.
CONTORNO¶
Terminal usa a Especificación Basedir tal como se define en Freedesktop.org[1] para atopar os seus datos e os seus ficheiros de configuración. Isto significa que as localizacións dos ficheiros se especificarán como unha ruta relativa aos directorio especificados na especificación. ${XDG_CONFIG_HOME}O primeiro directorio no que se han buscar os
ficheiros de configuración. Por defecto está definido a
~/.config/.
${XDG_CONFIG_DIRS}
Un lista separada por comas de directorios
base que conteñen datos de configuración. Por defecto o aplicativo
mirará en filename role="directory">${sysconfdir}/xdg/
${XDG_DATA_HOME}
A raíz de tódolos ficheiros de datos
específicos do usuario. Por defecto é ~/.local/share/.
${XDG_DATA_DIRS}
Un conxunto de directorios base ordenados por
preferencia relativos nos cales se deben buscar os ficheiros de datos ademais
de no directorio base ${XDG_DATA_HOME}. Os directorios deben separarse
con comas.
FICHEIROS¶
${XDG_CONFIG_DIRS}/Terminal/terminalrcEsta é a localización do ficheiro de
configuración que inclúe as preferencias que controlan o aspecto e
mailo comportamento de Terminal.
${XDG_DATA_DIRS}/Terminal/Terminal-toolbars.ui
Este ficheiro inclúe a definición da
interface de usuario para as barras de ferramentas. Se personaliza as barras
de ferramentas usando o editor gráfico de barras de ferramentas, Terminal
ha gardar a disposición das novas barras de ferramentas no ficheiro
${XDG_DATA_HOME}/Terminal/Terminal-toolbars.ui.
VEXA TAMéN¶
bash(1), X(7)AUTHORS¶
Nick Schermer <nick@xfce.org>Desenvolvedor
Benedikt Meurer <benny@xfce.org>
Desenvolvedor
NOTES¶
- 1.
- Freedesktop.org
06/21/2011 | Terminal 0.4.8 |