NOME¶
wesnothd — Daemon de rede para partidas con varios xogadores de A batalla
por
Wesnoth.
SINOPSE¶
wesnothd [
-dv] [
-c ruta] [
-p porto]
[
-t número] [
-T número]
wesnothd -V
DESCRICIÓN¶
Xestiona partidas de A batalla por Wesnoth con varios xogadores. Véxanse en
«http://www.wesnoth.org/wiki/ServerAdministration» (en inglés)
as ordes que acepta o servidor a través do cliente wesnoth (/query
[…]) ou do fifo.
OPCIÓNS¶
- -c ruta, --config ruta
- Indícalle a wesnothd onde atopar o ficheiro de
configuración a usar. Véxase a sintaxe máis adiante na
sección de CONFIGURACIÓN DO SERVIDOR. Pódese
recargar a configuración enviando SIGHUP ao proceso do servidor.
- -d, --daemon
- Executa wesnothd coma un daemon.
- -h, --help
- Indica as funcións das opcións de liña de
ordes.
- --log-nivel=dominio_1,dominio_2,…
- Establece o nivel de severidade dos dominios do rexistro.
Pódese usar all para referirse a calquera dominio do rexistro.
Os niveis dispoñíbeis son os seguintes: error
(erro), warning (aviso), info (información)
e debug (depuración). error é o nivel
predeterminado, info para o dominio do servidor.
- -p porto, --port porto
- Asocia o servidor ao porto especificado. O porto
predeterminado é o 15000.
- -t número, --threads número
- Define o número máximo de fíos efectivos en
espera para a entrada e saída de rede a n ( 5 de maneira
predeterminada, máximo 30).
- -T número, --max-threads número
- Define o número máximo de fíos efectivos que
se van crear. Se se define a 0 non terá límite (0
é o valor predeterminado).
- -V, --version
- Devolve o número da versión.
- -v, --verbose
- Activa o rexistro da depuración.
CONFIGURACIÓN DO SERVIDOR¶
A sintaxe xeral é a seguinte:¶
[
etiqueta]
- clave="valor"
- clave="valor,valor,…"
[/
etiqueta]
Claves globais:¶
- allow_remote_shutdown
- Se se lle dá o valor no («non», valor
predeterminado), as solicitudes de apagado e reinicio ignoraranse salvo
que procedan do fifo. Co valor yes («si») permitirase o
apagado remoto por medio dunha “/query” realizada por un
administrador.
- ban_save_file
- Ruta completa ou relativa a un ficheiro —comprimido
con gzip— que o servidor poida ler e escribir. As vedas hanse gardar
neste ficheiro e leranse de novo cando se inicie o servidor.
- compress_stored_rooms
- Determina se se debe ler e escribir o ficheiro de salas de
forma comprimida. O valor predeterminado é yes
(«si»).
- connections_allowed
- O número de conexións permitidas desde un mesmo
enderezo IP. 0 equivale a infinitas. O valor predeterminado é
5.
- disallow_names
- Os nomes e alcumes que o servidor non acepta. Pódense
empregar * e ? como comodíns para patróns.
Véxase glob(7) para máis información. Os valores
predeterminados son:
*admin*,*admln*,*server*,ai,ai?,computer,human,network,player.
- fifo_path
- A ruta ao fifo polo que se poden enviar ordes ao servidor
—equivalente ao “/query …” desde o wesnoth—.
Se non se especifica outra cousa, toma a ruta indicada como valor
predeterminado durante a compilación (en principio
/var/run/socket/wesnothd/socket).
- max_messages
- O número máximo de mensaxes permitidas en
messages_time_period ( 4 de maneira predeterminada).
- messages_time_period
- O período de tempo (en segundos) que se usa para
detectar os envíos masivos de mensaxes ( 10 segundos de
maneira predeterminada).
- motd
- A mensaxe do día.
- new_room_policy
- Determina quen pode crear novas salas no servidor. Os
valores dispoñíbeis son everyone («todos»),
registered (só os usuarios «rexistrados»),
admin (só os «administradores») e nobody
(«ninguén»). Salvo que se indique o contrario, poden
todos.
- passwd
- O contrasinal que se utiliza para obter privilexios de
administrador —por medio de /query admin
contrasinal—.
- replay_save_path
- O directorio no que o servidor garda as repeticións
das partidas (non esquezas a barra inclinada ao final, «/»). O
seu valor predeterminado é «`'», o directorio no que se
iniciou o wesnothd.
- restart_command
- A orde que utiliza o servidor para iniciar outro proceso de
servidor por medio da orde restart («reiniciar»). Só
se pode establecer mediante o fifo. Véxase a opción
allow_remote_shutdown.
- room_save_file
- Ruta a un ficheiro onde gardar a información das
salas. Lerase durante a inicialización do servidor e escribirase nel
máis tarde. Se o ficheiro está baleiro ou non se forneceu unha
ruta ao mesmo, nin se cargará nin se gardará ningunha sala.
- save_replays
- Determina se o servidor gardará as repeticións
das partidas automaticamente. O seu valor predeterminado é
false («non»).
- versions_accepted
- Unha lista separada por comas de cadeas de versión que
o servidor aceptará. Pódense empregar os comodíns de
patróns * e ?. O seu valor predeterminado será a
versión do wesnoth correspondente.
Por exemplo: versions_accepted="*" aceptará calquera
versión.
- user_handler
- O nome do xestor de usuarios a empregar. Os xestores de
usuarios dispoñíbeis actualmente son forum —para
conectar wesnothd á base de datos dun foro phpbb— e
sample —unha mostra de exemplo da interface do xestor de
usuarios, hai que estar tolo para utilizala en algo de verdade—. O
valor predeterminado é forum. Tamén hai que engadir unha
sección [user_handler], véxase a continuación.
Etiquetas globais:¶
[redirect] é unha etiqueta para especificar un servidor ao que
dirixir certas versións do cliente.
- host
- O enderezo do servidor ao que dirixir os clientes.
- port
- O porto da conexión.
- version
- Unha lista separada por comas de versións a dirixir.
Compórtase do mesmo xeito que versions_accepted no referente
aos comodíns de patróns.
[ban_time] é unha etiqueta para definir palabras clave axeitadas
para duracións de vedas temporais.
- name
- O nome a usar para referirse á veda.
- time
- A duración. O formato é
«%d[%s[%d%s[…]]]», onde %s será «s»
(segundos), «m» (minutos), «h» (horas), «D»
(días), «M» (meses) ou «Y» (anos), e %d será
un número. Se non se fornece un modificador de tempo, interpretarase
a cantidade indicada como minutos. Por exemplo: time="1D12h30m"
é unha veda de 1 día, 12 horas e 30 minutos.
[proxy] é unha etiqueta para que o servidor actúe coma proxy e
dirixa as solicitudes dos clientes conectados ao servidor indicado. Acepta as
mesmas claves que
[redirect].
[user_handler] configura o xestor de usuarios. As palabras clave
dispoñíbeis variarán dependendo do xestor de usuarios que se
estableza mediante a palabra clave
user_handler. Se non hai ningunha
sección
[user_handler] na configuración, o servidor
executarase sen ningún servizo de rexistro de alcumes.
- db_host
- O nome do servidor da base de datos (para
«user_handler=forum»).
- db_name
- O nome da base de datos (para
«user_handler=forum»).
- db_user
- O nome do usuario co que iniciar sesión na base de
datos (para «user_handler=forum»).
- db_password
- O contrasinal de dito usuario (para
«user_handler=forum»).
- db_users_table
- O nome da táboa na que o foro phpbb almacena os datos
do usuario (para «user_handler=forum»). O máis
probábel é que dita táboa sexa
<prefixo-da-táboa>_users (por exemplo,
«phpbb3_users»).
- db_extra_table
- O nome da táboa na que wesnothd gardará os seus
propios datos dos usuarios (para «user_handler=forum»).
Terás que crear a táboa manualmente, por exemplo mediante:
CREATE TABLE <nome-da-táboa>(username VARCHAR(255)
PRIMARY KEY, user_lastvisit INT UNSIGNED NOT NULL DEFAULT 0,
user_is_moderator TINYINT(4) NOT NULL DEFAULT 0);
- user_expiration
- O tempo en días tras o cal caducan os alcumes
rexistrados (para «user_handler=sample»).
[mail] configura un servidor SMTP mediante o cal o xestor de usuarios
pode enviar correos electrónicos. Actualmente só o utiliza o xestor
de usuarios de exemplo.
- server
- O nome do servidor de correo.
- username
- O nome de usuario co que iniciar sesión no servidor de
correo electrónico.
- password
- O contrasinal dese usuario.
- from_address
- O enderezo do remitente da mensaxe.
- mail_port
- O porto no que se executa o servidor de correo
electrónico. O seu valor predeterminado é «25».
ESTADO AO SAÍR¶
Cando o servidor se apague correctamente o estado ao saír será
«0». Será «2» de houber un erro coa liña de
ordes.
AUTORES¶
Autor orixinal: David White <davidnwhite@verizon.net>. Modificacións
posteriores: Nils Kneuper <crazy-ivanovic@gmx.net>, ott
<ott@gaon.net>, Soliton <soliton.de@gmail.com> e Thomas Baumhauer
<thomas.baumhauer@gmail.com>. Autor orixinal desta axuda: Cyril Bouthors
<cyril@bouthors.org>.
Visite o sitio web oficial:
http://www.wesnoth.org/
DEREITOS DE AUTOR¶
Copyright © 2003-2011 David White <davidnwhite@verizon.net>
Isto é software libre. Este software está protexido polos termos da
versión 2 da licenza GNU GPL, tal e como foi publicada pola Free Software
Foundation. Non existe NINGUNHA garantía. Nin sequera para o seu USO
COMERCIAL ou ADECUACIÓN PARA UN PROPÓSITO PARTICULAR.
VÉXASE TAMÉN¶
wesnoth(6).