Scroll to navigation

KIG(1) Manual do usuario do KDE KIG(1)

NOME

kig - un programa de xeometría interactiva para o

SINOPSE

kig [-c, --convert-to-native [-o, --outfile nome do ficheiro]] [Opcións xenéricas do KDE] [Opcións xenéricas do Qt]

DESCRICIÓN

O Kig é un aplicativo para a xeometría interactiva. Pretende cumprir dous obxectivos:
 
•Permitir que os estudantes exploren interactivamente as figuras e os conceptos matemáticos utilizando o computador;
 
•Servir como ferramenta WYSIWYG ("o que se ve é o que se obtén") para deseñar figuras matemáticas e incluílas noutros documentos.
Con este programa pódese facer xeometría nun computador igual que nun encerado nunha aula. Porén, o programa permite mover e modificar partes dun debuxo xeométrico para ver así que outras partes resultan alteradas como consecuencia.
O Kig admite lugares xeométricos e macros definidas polo usuario. Tamén importa e exporta formatos de ficheiros alleos, como os de Cabri, Dr. Geo, KGeo, KSeg e XFig.
Este aplicativo fai parte do módulo de educación oficial do KDE.

OPCIÓNS

-c, --convert-to-native
Non mostrar unha GUI. Convertir o ficheiro indicado para o formato nativo do Kig. Este vai para a saída normal a menos que se lle pase Kig-- outfile.
-o, --outfile nome de ficheiro
Emprégase con --convert-to-native para indicar onde gravar o ficheiro creado novo do Kig. De non especificar esta opción ou non indicar un nome de ficheiro con -, o ficheiro vai para a saída normal.

VEXA TAMÉN

Está dispoñíbel documentación máis detallada para o usuario en help:/kig (podes introducir este URL en Konqueror, ou executar khelpcenterhelp:/kig).
Hai máis información dispoñíbel no sitio web do proxecto educativo de KDE[1].

AUTORES

O Kig escribírono Dominique Devriese devriese@kde.org, Maurizio Paolini paolini@dmf.bs.unicatt.it, Franco Pasquarelli pasqui@dmf.bs.unicatt.it, Pino Toscano toscano.pino@tiscali.ite outros.
Esta páxina de manual está baseada na preparada para Debian por Ben Burton bab@debian.org.

AUTOR

Ben Burton <bab@debian.org>
Autor.

NOTAS

1.
sitio web do proxecto educativo de KDE
http://edu.kde.org/kig/
2010-10-06 Ambiente de Escritorio K