Scroll to navigation

WESNOTH(6) A batalla polo Noroeste WESNOTH(6)

NOME

wesnoth — A batalla polo Noroeste, un xogo de estratexia por roldas ambientado nun mundo fantástico.

SINOPSE

wesnoth [OPCIÓNS] [RUTA_AOS_DATOS]

DESCRICIÓN

A batalla polo Noroeste é un xogo de estratexia por roldas ambientado nun mundo fantástico.
Derrota a todos os líderes inimigos escollendo sabiamente as tropas e xestionando coidadosamente os recursos de ouro e vilas. Todas as unidades teñen fortalezas e debilidades de seu. Para gañar, desprega as túas forzas de xeito que aproveiten completamente o seu potencial, e impide que os inimigos fagan o mesmo. A medida que as unidades consigan experiencia, adquirirán novas habilidades e volveranse máis fortes. Xoga na lingua que queiras e pon a proba as túas habilidades contra a intelixencia artificial, ou únete á enorme comunidade internacional de xogadores que se reúne en internet. Crea unidades, escenarios ou campañas personalizadas, e compárteo todo co resto da comunidade.

OPCIÓNS

--bpp número
Establece a cantidade de bits por píxel. Por exemplo: --bpp 32.
-c, --campaign  [<identificador da campaña>]
Ir directamente á campaña indicada co identificador indicado. Se non se indica un identificador, aparecerá un menú de escolla. Nota: ao empregar esta opción asegúrese tamén de indicar o directorio dos datos como argumento final, ou asumirase que o identificador é dito directorio.
--campaign-difficulty [<dificultade>]
A dificultade da campaña indicada (do 1 ao máximo). Se non se especificase, aparecería un diálogo de escolla da dificultade da campaña.
--campaign-scenario <identificador do escenario>
O identificador do escenario da campaña indicada. De omitirse o parámetro, empregarase o primeiro escenario.
--data-dir <directorio>
Substitúe o directorio dos datos polo directorio indicado.
--data-path
Devolve o directorio de datos do xogo.
-d, --debug
Activa opcións adicionais no modo de ordes do xogo. Consulta o wiki en «http://wiki.wesnoth.org/CommandMode» (en inglés) para máis información sobre o modo de ordes do xogo.
-e, --editor ficheiro
Inicia directamente o editor de mapas integrado. Se se indica un ficheiro, fai o mesmo que -l --load.
--fps
Mostra nunha esquina da pantalla o número de fotogramas por segundo ao que se está executando o xogo.
-f, --fullscreen
Executa o xogo a pantalla completa.
--gunzip ficheiro_de_entrada.gz
Descomprime un ficheiro que debería estar en formato GZIP e gárdao sen o sufixo «.gz». Borrarase o ficheiro_de_entrada.gz.
--gzip ficheiro_de_entrada
Comprime un ficheiro en formato GZIP, gárdao coma ficheiro_de_entrada.gz e borra o ficheiro_de_entrada.
-h, --help
Devolve un resumo das opcións da liña de ordes.
-l, --load ficheiro
Carga a partida ficheiro do directorio de partidas estándar. Se tamén se usan as opcións -e ou --editor, iníciase o editor co mapa do ficheiro aberto. Se é un directorio, o editor iniciarase cun diálogo de carga de mapas aberto en dito directorio.
--log-nivel=dominio_1,dominio_2,
Establece o nivel de severidade dos dominios do rexistro. Pódese usar all para referirse a calquera dominio do rexistro. Os niveis dispoñíbeis son os seguintes: error (erro), warning (aviso), info (información) e   debug (depuración). error é o nivel predeterminado.
--logdomains [filtro]
Devolve os dominios do rexistro definidos (só os que conteñan o filtro se se usa).
--max-fps
O número máximo de fotogramas por segundo que pode empregar o xogo. O valor debe estar entre «1» e «1000», sendo 50 o valor predeterminado.
-m, --multiplayer
Executa unha partida de varios xogadores. Hai opcións adicionais que poden empregarse xunto con --multiplayer tal e como se explica máis abaixo. --multiplayer só pode ir seguido destas opcións adicionais.
--no-delay
Executa o xogo sen atrasos para probas de rendemento gráfico. Isto actívase automaticamente con --nogui.
--nocache
Desactiva a caché de datos do xogo.
--nomusic
Executa o xogo sen música.
--nosound
Executa o xogo sen sons e sen música.
--path
Devolve o directorio de datos do xogo.
-p, --preprocess <ficheiro ou cartafol de orixe> <directorio de destino>
Preprocesa o ficheiro ou cartafol indicado. O ficheiro ou ficheiros escribiranse no directorio de destino indicado: un ficheiro «.cfg» simple e outro procesado. Se se indica un cartafol, preprocesaranse todos os seus contidos baseándose nas regras coñecidas para o preprocesador. Os macros comúns do directorio «data/core/macros» preprocesaranse antes que os recursos indicados. Por exemplo: -p ~/wesnoth/data/campaigns/tutorial ~/result. Para máis información sobre o preprocesador, acceda á seguinte páxina: http://wiki.wesnoth.org/PreprocessorRef#Command-line_preprocessor
--preprocess-defines=DEFINE1,DEFINE2,etc
Lista de ordes «define» —separada por comas— para que empregue a orde «--preprocess». Se a lista inclúe SKIP_CORE, non se preprocesará o directorio «data/core».
--preprocess-input-macros <ficheiro_fonte>
Só o emprega a orde «--preprocess». Especifica un ficheiro con definicións para antes do preprocesamento.
--preprocess-output-macros [<ficheiro_obxectivo>]
Só o emprega a orde «--preprocess». Devolve todos os macros preprocesados do ficheiro obxectivo. Se non se especifica un ficheiro devolverá os do ficheiro «_MACROS_.cfg» do directorio obxectivo da orde «--preprocess». Este modificador ten que escribirse antes da orde «--preprocess».
-r XxY, --resolution XxY
Establece a resolución do xogo. Por exemplo: -r 800x600.
-s, --server [máquina]
Conéctase á máquina especificada se existe, senón conéctase ao primeiro servidor da configuración. Por exemplo: --server server.wesnoth.org.
--username<usuario>
Emprega o <usuario> indicado ao conectarse ao servidor, ignorando a configuración.
--password<contrasinal>
Emprega o <contrasinal> indicado ao conectarse ao servidor, ignorando a configuración. É pouco seguro.
--strict-validation
Os erros de corrección trátanse coma erros graves.
-t, --test
Executa o xogo nun pequeno escenario de proba.
--userconfig-dir nome
Define nome coma o nome do cartafol da configuración do usuario no seu directorio persoal («$HOME») ou «Os meus documentos\Os meus xogos» en Windows. Tamén podes indicar unha ruta absoluta para o directorio da configuración fóra dos antes mencionados. En X11 o cartafol predeterminado é «$XDG_CONFIG_HOME» ou «$HOME/.config/wesnoth», noutros sistemas é a ruta de datos do usuario.
--userconfig-path
Devolve a ruta do directorio da configuración do usuario.
--userdata-dir nome
Define nome coma o nome do cartafol dos datos do usuario no seu directorio persoal («$HOME») ou «Os meus documentos\Os meus xogos» en Windows. Tamén podes indicar unha ruta absoluta para o directorio dos datos fóra dos antes mencionados.
--userdata-path
Devolve a ruta do directorio dos datos do usuario.
--validcache
Asume que a caché está ben (perigoso).
-v, --version
Devolve o número da versión.
-w, --windowed
Executa o xogo nunha xanela.
--with-replay
Reproduce a partida cargada coa opción --load.

Opcións para --multiplayer

As opcións para partidas con varios xogadores específicas dun bando márcanse cun número. «número» tense que substituír polo número do bando. Normalmente é «1» ou «2», pero depende do número de xogadores que permita o escenario escollido.
--ai_confignúmero=valor
Escolle un ficheiro de configuración a cargar para a intelixencia artificial que controla o bando especificado.
--algorithmnúmero=valor
Fai que a intelixencia artificial do bando indicado empregue o algoritmo non estándar indicado. Os seus posíbeis valores son idle_ai e sample_ai.
--controllernúmero=valor
Decide quen controla o bando indicado. Os valores dispoñíbeis son: human e ai.
--era=valor
Usa esta opción para xogar na era seleccionada en vez de na era predeterminada ( Default). A era elíxese mediante un identificador. As eras descríbense no ficheiro data/multiplayer/eras.cfg.
--exit-at-end
Sae do xogo unha vez se remate o escenario, sen mostrar un diálogo de vitoria ou derrota que requira que o usuario prema «Aceptar». Isto tamén se emprega para probas de rendemento automatizadas mediante scripts.
--ignore-map-settings
Non usar a configuración do mapa, senón os valores predeterminados.
--multiplayer-repeat=valor
Repite unha partida de varios xogadores valor veces. Recoméndase usar esta opción xunto con --nogui para probas de rendemento executadas con scripts.
--nogui
Executa o xogo sen interface gráfica. Debe aparecer antes de --multiplayer para funcionar correctamente.
--parmnúmero=nome:valor
Establece parámetros adicionais para o bando. Este parámetro depende das opcións usadas con --controller e --algorithm. Só debería resultarlle útil a quen estea a deseñar a súa propia intelixencia artificial (aínda non está completamente documentado).
--scenario=valor
Selecciona un escenario con varios xogadores polo seu identificador. O identificador do escenario por omisión é multiplayer_The_Freelands.
--sidenúmero=valor
Escoller unha facción da era actual para bando número número. A facción elíxese mediante un identificador. As faccións descríbense no ficheiro «data/multiplayer.cfg».
--turns=valor
Establece o número de roldas para o escenario elixido. 50 de maneira predeterminada.

ESTADO AO SAÍR

Se a situación ao saír é normal, o estado ao saír será «0». «1» correspóndese cun erro de inicialización —ben do SDL, da configuración de vídeo, dos tipos de letra, etc—. «2» indica que o erro se produciu coas opcións da liña de ordes.

AUTORES

Autor orixinal: David White <davidnwhite@verizon.net>.
 
Modificacións posteriores: Nils Kneuper <crazy-ivanovic@gmx.net>, ott <ott@gaon.net> e Soliton <soliton.de@gmail.com>.
 
Autor orixinal desta axuda: Cyril Bouthors <cyril@bouthors.org>.
 
Visite o sitio web oficial: http://www.wesnoth.org/

DEREITOS DE AUTOR

Copyright © 2003-2013, David White <davidnwhite@verizon.net>
 
Isto é software libre. Este software está protexido polos termos da versión 2 da licenza GNU GPL, tal e como foi publicada pola Free Software Foundation. Non existe NINGUNHA garantía. Nin sequera para o seu USO COMERCIAL ou ADECUACIÓN PARA UN PROPÓSITO PARTICULAR.

VÉXASE TAMÉN

wesnothd(6).
2013 wesnoth