Scroll to navigation

WESNOTHD(6) Servizo de rede para partidas con varios xogadores de A batalla polo Noroeste WESNOTHD(6)

NOME

wesnothd — Servizo de rede para partidas con varios xogadores de A batalla polo Noroeste.

SINOPSE

wesnothd [-dv] [-c ruta] [-p porto] [-t número] [-T número]
wesnothd -V

DESCRICIÓN

Xestiona partidas de A batalla polo Noroeste con varios xogadores. Véxanse en «http://www.wesnoth.org/wiki/ServerAdministration» (en inglés) as ordes que acepta o servidor a través do cliente wesnoth (/query […]) ou do fifo.

OPCIÓNS

-c ruta, --config ruta
Indícalle a wesnothd onde atopar o ficheiro de configuración a usar. Véxase a sintaxe máis adiante na sección de CONFIGURACIÓN DO SERVIDOR. Pódese recargar a configuración enviando SIGHUP ao proceso do servidor.
-d, --daemon
Executa wesnothd coma un servizo.
-h, --help
Indica as funcións das opcións de liña de ordes.
--log-nivel=dominio_1,dominio_2,
Establece o nivel de severidade dos dominios do rexistro. Pódese usar all para referirse a calquera dominio do rexistro. Os niveis dispoñíbeis son os seguintes: error (erro), warning (aviso), info (información) e  debug (depuración). error é o nivel predeterminado, info para o dominio do servidor.
-p porto, --port porto
Asocia o servidor ao porto especificado. O porto predeterminado é o 15000.
-t número, --threads número
Define o número máximo de fíos efectivos en espera para a entrada e saída de rede a n (5 de maneira predeterminada, máximo  30).
-T número, --max-threads número
Define o número máximo de fíos efectivos que se van crear. Se se define a 0 non terá límite (0 é o valor predeterminado).
-V, --version
Devolve o número da versión.
-v, --verbose
Activa o rexistro da depuración.

CONFIGURACIÓN DO SERVIDOR

A sintaxe xeral é a seguinte:

[etiqueta]
clave="valor"
clave="valor,valor,…"

[/etiqueta]

Claves globais:

allow_remote_shutdown
Se se lle dá o valor no («non», valor predeterminado), as solicitudes de apagado e reinicio ignoraranse salvo que procedan do fifo. Co valor yes («si») permitirase o apagado remoto por medio dunha «/query» realizada por un administrador.
ban_save_file
Ruta completa ou relativa a un ficheiro —comprimido con gzip— que o servidor poida ler e escribir. As vedas hanse gardar neste ficheiro e leranse de novo cando se inicie o servidor.
compress_stored_rooms
Determina se se debe ler e escribir o ficheiro de salas de forma comprimida. O valor predeterminado é yes («si»).
connections_allowed
O número de conexións permitidas desde un mesmo enderezo IP. 0 equivale a infinitas. O valor predeterminado é 5.
disallow_names
Os nomes e alcumes que o servidor non acepta. Pódense empregar * e ? como comodíns para patróns. Véxase glob(7) para máis información. Os valores predeterminados son: *admin*,*admln*,*server*,ai,ai?,computer,human,network,player.
fifo_path
A ruta ao fifo polo que se poden enviar ordes ao servidor —equivalente ao «/query …» desde o xogo—. Se non se especifica outra cousa, toma a ruta indicada como valor predeterminado durante a compilación (en principio /var/run/socket/wesnothd/socket).
max_messages
O número máximo de mensaxes permitidas en messages_time_period (4 de maneira predeterminada).
messages_time_period
O período de tempo (en segundos) que se usa para detectar os envíos masivos de mensaxes (10 segundos de maneira predeterminada).
motd
A mensaxe do día.
new_room_policy
Determina quen pode crear novas salas no servidor. Os valores dispoñíbeis son everyone («todos»), registered (só os usuarios «rexistrados»), admin (só os «administradores») e nobody («ninguén»). Salvo que se indique o contrario, poden todos.
passwd
O contrasinal que se utiliza para obter privilexios de administrador —por medio de /query admin contrasinal—.
replay_save_path
O directorio no que o servidor garda as repeticións das partidas (non esquezas a barra inclinada ao final, «/»). O seu valor predeterminado é «`'», o directorio no que se iniciou o wesnothd.
restart_command
A orde que utiliza o servidor para iniciar outro proceso de servidor por medio da orde restart («reiniciar»). Só se pode establecer mediante o fifo. Véxase a opción allow_remote_shutdown.
room_save_file
Ruta a un ficheiro onde gardar a información das salas. Lerase durante a inicialización do servidor e escribirase nel máis tarde. Se o ficheiro está baleiro ou non se forneceu unha ruta ao mesmo, nin se cargará nin se gardará ningunha sala.
save_replays
Determina se o servidor gardará as repeticións das partidas automaticamente. O seu valor predeterminado é false («non»).
versions_accepted
Unha lista separada por comas de cadeas de versión que o servidor aceptará. Pódense empregar os comodíns de patróns * e ?. O seu valor predeterminado será a versión do xogo correspondente.
Por exemplo: versions_accepted="*" aceptará calquera versión.
user_handler
O nome do xestor de usuarios a empregar. Os xestores de usuarios dispoñíbeis actualmente son forum —para conectar wesnothd á base de datos dun foro phpbb— e sample —unha mostra de exemplo da interface do xestor de usuarios, hai que estar tolo para utilizala en algo de verdade—. O valor predeterminado é forum. Tamén hai que engadir unha sección [user_handler], véxase a continuación.

Etiquetas globais:

[redirect] é unha etiqueta para especificar un servidor ao que dirixir certas versións do cliente.
host
O enderezo do servidor ao que dirixir os clientes.
port
O porto da conexión.
version
Unha lista separada por comas de versións a dirixir. Compórtase do mesmo xeito que versions_accepted no referente aos comodíns de patróns.

[ban_time] é unha etiqueta para definir palabras clave axeitadas para duracións de vedas temporais.

name
O nome a usar para referirse á veda.
time
A duración. O formato é «%d[%s[%d%s[…]]]», onde %s será «s» (segundos), «m» (minutos), «h» (horas), «D» (días), «M» (meses) ou «Y» (anos), e %d será un número. Se non se fornece un modificador de tempo, interpretarase a cantidade indicada como minutos. Por exemplo: time="1D12h30m" é unha veda de 1 día, 12 horas e 30 minutos.

[proxy] é unha etiqueta para que o servidor actúe coma proxy e dirixa as solicitudes dos clientes conectados ao servidor indicado. Acepta as mesmas claves que [redirect].

[user_handler] configura o xestor de usuarios. As palabras clave dispoñíbeis variarán dependendo do xestor de usuarios que se estableza mediante a palabra clave user_handler. Se non hai ningunha sección [user_handler] na configuración, o servidor executarase sen ningún servizo de rexistro de alcumes.

db_host
O nome do servidor da base de datos (para «user_handler=forum»).
db_name
O nome da base de datos (para «user_handler=forum»).
db_user
O nome do usuario co que iniciar sesión na base de datos (para «user_handler=forum»).
db_password
O contrasinal de dito usuario (para «user_handler=forum»).
db_users_table
O nome da táboa na que o foro phpbb almacena os datos do usuario (para «user_handler=forum»). O máis probábel é que dita táboa sexa <prefixo-da-táboa>_users (por exemplo, «phpbb3_users»).
db_extra_table
O nome da táboa na que wesnothd gardará os seus propios datos dos usuarios (para «user_handler=forum»). Terás que crear a táboa manualmente, por exemplo mediante: CREATE TABLE <nome-da-táboa>(username VARCHAR(255) PRIMARY KEY, user_lastvisit INT UNSIGNED NOT NULL DEFAULT 0, user_is_moderator TINYINT(4) NOT NULL DEFAULT 0);
user_expiration
O tempo en días tras o cal caducan os alcumes rexistrados (para «user_handler=sample»).

[mail] configura un servidor SMTP mediante o cal o xestor de usuarios pode enviar correos electrónicos. Actualmente só o utiliza o xestor de usuarios de exemplo.

server
O nome do servidor de correo.
username
O nome de usuario co que iniciar sesión no servidor de correo electrónico.
password
O contrasinal dese usuario.
from_address
O enderezo do remitente da mensaxe.
mail_port
O porto no que se executa o servidor de correo electrónico. O seu valor predeterminado é «25».

ESTADO AO SAÍR

Cando o servidor se apague correctamente o estado ao saír será «0». Será «2» de houber un erro coa liña de ordes.

AUTORES

Autor orixinal: David White <davidnwhite@verizon.net>. Modificacións posteriores: Nils Kneuper <crazy-ivanovic@gmx.net>, ott <ott@gaon.net>, Soliton <soliton.de@gmail.com> e Thomas Baumhauer <thomas.baumhauer@gmail.com>. Autor orixinal desta axuda: Cyril Bouthors <cyril@bouthors.org>.
Visite o sitio web oficial: http://www.wesnoth.org/

DEREITOS DE AUTOR

Copyright © 2003-2016, David White <davidnwhite@verizon.net>
Isto é software libre. Este software está protexido polos termos da versión 2 da licenza GNU GPL, tal e como foi publicada pola Free Software Foundation. Non existe NINGUNHA garantía. Nin sequera para o seu USO COMERCIAL ou ADECUACIÓN PARA UN PROPÓSITO PARTICULAR.

VÉXASE TAMÉN

wesnoth(6).
2013 wesnothd